Flechazo

poema de Julie

Namoreime dun corpo inerte,
pálido
flaco
e carcomido polos corvos.
Namoreime duns ollos mentireiros
vermellos
afiados.
-Duns ollos que non me miraban
Namoreime dunha sombra
Namoreime da inexistencia
no culmen da disociación
en espiral
entre máscaras de fortaleza.
Namoreime do meu reflexo.