Axeónllate

Axeónllate ante mín maldito demo,
Aínda consigo manterme en pé,
Arreda de mín o infame medo,
Que aínda esgotado manteño a fe.

Pides de mín que traizoe á xente,
Enches a bolsa con fame de cans,
Eu son vidente e non cego creente,
As moedas esvaran nas miñas mans.

Sei que xamáis recollerei grazas
E que as túas serán ben pagadas,
Tamen que se finxen e son todo farsas.

Coitado de ti, non voes moi alto,
Que non es gaivota, que es todo galo,
Que ás que se pagan aterran no camposanto.

Comentarios & Opiniones

Nancy

Bicos leves, boas letras, un pracer de ler.

Critica: 
David C. Dubra

Que fermoso comentario Nancy. :) Encántame. Un bico leve tamen para ti

Critica: 
Mac1965

Un placer leerte David. Saludos cordiales

Critica: 
David C. Dubra

Muchos gracias mac1965. Unha aperta y que tengas un muy buen día. ;)

Critica: 

Comenta & Vota